top of page

QUEN SOMOS

NegroLópez está formado por Iván e Brais. Poñendo en común as nosas inquedanzas, buscamos unha linguaxe común, que fale da nosa realidade social e cultural. Sempre tendo en conta ó público ó que nos diriximos, utilizando o humor como medio de expresión.

Comezamos a nosa andaina dispostos a dalo todo por sorprender e entreter; valéndonos da crítica social e do humor absurdo, ferramentas indispensables para espertar conciencias e para rirnos das nosas miserias.

 

Aínda non nos presentamos? Que modais os nosos... Pois iso ten fácil solución! Segue lendo!

 

Iván.png

Son titulado superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e actualmente desempéñome como clown hospitalario en Fundación Theodora. Tamén formo parte da compañía de teatro-danza Nelson Quinteiro. Así mesmo, asistín a talleres impartidos por profesionais como Vicente Fuentes, Dani Abreu, Carlos Sante ou Santi Cortegoso.

  • Facebook
  • Negro del icono de Instagram

IVÁN DAVILA

Actor e clown.

BRAIS IRIARTE

Músico e actor.

Brais.png

Son músico multinstrumentista formado en Galicia e Portugal. Tamén son licenciado en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Formo parte da compañía Limiar Teatro. Colaborei con proxectos musicais como Le BarLuthier, Fan Blues ou Los Lentos e con artistas como Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza ou Serafín Carballo. Fun baixista e vocalista do programa da TVG Heicho cantar queridiña.

  • Facebook
  • Negro del icono de Instagram
bottom of page