ESPECTÁCULOS
Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bastidores. Nada mais chegar comezan os problemas, non atopa as cousas, ponse nervioso... e todo debido a que o rexedor do espectáculo é todo un... pallaso.
Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte mais divertida do que ocorre antes de saír a escena. Porque ás veces, o mellor dos espectáculos ten lugar tras o pano!
No espectáculo tratamos temas como a exaltación da arte, o esforzo por conseguir os teus obxectivos e o valor da amizade.
· Xénero: Comedia
· Duración: 50 min.
· Publico: Para todos os públicos
· Formato: Sala e Rúa
· Espazo escénico desexable: 6 x 5m
· Espazo escénico mínimo: 4 x 4m
· Requerimentos técnicos: A cargo da compañía
· Elenco: Iván Davila e Brais Iriarte
· Dirección: Chiqui Pereira
· Dramaturxia: Iván Davila
· Música e espazo sonoro: Brais Iriarte
· Escenografía e iluminación: José Faro "Coti"
· Deseño do cartel: Lucía Sánchez
Un músico calquera en escena. Outro personaxe que o ve e queda pasmado pola súa capacidade de atraer ó público. Este último intenta demostrar que tamén pode ser artista, pero non lle resultará tan doado como pensa... Por outra banda, un cantante e un guitarrista reivindicativos, co poder e a responsabilidade de comunicar a través da súa música.
Enfrontados a todos eles, un home con pel de serpe, inculto e con moita fachenda, que di defender a cultura... pero no fondo so busca utilizala como forma de entretemento para unha sociedade submisa e aletargada. Todo elo envolto nun ambiente musical, xa que, pase o que pase, a arte sempre está presente.
· Xénero: Comedia
· Duración: 75 min.
· Publico: A partir de 12 anos
· Estrea: 16/11/2019
· Estado: Xira rematada
· Formato: Café-Teatro
· Espazo escénico desexable: 6 x 5m
· Espazo escénico mínimo: 5 x 5m
· Requerimentos técnicos: A cargo da compañía
· Elenco: Iván Davila e Loïs Blanco
· Dirección e dramaturxia: Iván Davila
· Música e espazo sonoro: Loïs Blanco
· Escenografía: A compañía
· Deseño do cartel: Alex Carausan