top of page

GALERÍA

Aquí podedes ver instantáneas dos nosos espectáculos. Tentamos coidar todos os detalles da posta en escena. Queremos que a experiencia do público sexa o mais enriquecedora posible. 

 

Actualmente estamos traballando no espectáculo "Backstage", que conta con deseño e construción escenográfica de José Faro "Coti". Podemos adaptarnos tanto a espazos pechados (teatros, salas, auditorios, etc.), como a espazos abertos (prazas, rúas, parques, etc.). As dimensións da estructura poden variar, o que nos permite estar presentes en calquera lugar. Ademais contamos con toda a dotación técnica precisa para a realización do espectáculo, so necesitamos unha toma de corrente á que conectar os equipos.

Se queres vernos en vivo e en directo, consúltanos sen compromiso!

bottom of page